A mediados do 2002 o grupo, con cinco membros, Samuel, Álex, Miguel, Roi e Estevo, principia a dar concertos (entre os que destaca o celebrado no Coliseo Noela de Noia con motivo do 1º concerto expansivo Nunca Máis organizado por Burla negra, e no que, segundo os propios Ataque Escampe recoñecen, evidenciaron unha grande falla de rodaxe musical). O conxunto tamén grava unha maqueta con mini-disc na que xa se vai albiscando o seu estilo actual, ao apareceren por vez primeira un son acústico e sucio, certo eclecticismo e unhas letras irónicas que comezan a afastarse da inmediatez do bravú.
Transcorren logo dous anos de traxectoria discontinua (2004 e 2005) debido á dispersión xeográfica dos compoñentes do grupo, que non deixan porén de compoñer temas e gravar algunhas maquetas sen excesivas pretensións.
A actividade regular de concertos é retomada por AE con catro membros, Samuel, Álex, Miguel e Roi, en 2006. Ese ano supón un ponto de inflexión na traxectoria da formación, xa que obtén algo de relevancia ao gañar co tema "Afganistán Canto" o I Premio de canción de autor Utopía Son, celebrado no Café Uf de Vigo.
Formación habitual durante o ano 2006: Álex, Samuel, Miguel e Roi.O 2007 é un ano cargado de acontecementos para o grupo. Por unha banda, editan o seu primeiro traballo, que nun principio, polos escasos medios e tempo cos que é realizado, non conciben para a publicación, senón coma maqueta para presentar aos locais e conseguir concertos. Trátase de Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, un disco publicado en formato electrónico e baixo licenza Creative Commons en A Regueifa Plataforma, e no que unha parte dos temas son de estudo e a outra un directo gravado con mini-disc no Café Uf. Nese mesmo ano, ademais de seren seleccionados para a Rede Galega de Música ao Vivo e realizar a Xira Bela Lugosi 2007, participan no disco-tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista, editado conxuntamente pola Regueifa Plataforma, Falcatruada e Lonxa Cultural e que reúne a todo o panorama de grupos novos dos últimos anos. Nese disco versionan a canción do ferrolán "Para che falar de amor", que interpretan tamén no programa homenaxe do devandito músico, "Saudade de ti", na TVG. A finais de ano prodúcense cambios na formación: Samuel causa baixa temporal e entra como novo membro permanente Marco, que enriquece substancialmente o abano de posibilidades sonoras do grupo. Finalmente, Ataque Escampe acada o 1º Premio do Gz Crea 2007 na modalidade de música, coas cancións "Tango do sintasol" e "Ana e o caracol".
A principios de 2008 incorpórase á banda un novo membro, Paq. En marzo publícase o primeiro traballo longo de Ataque Escampe no selo A Regueifa Discos, tanto en formato físico como en edición dixital. O seu título, Galicia es una mierda, é decidido nunha enquisa aberta na páxina web da banda. Coa Xira A invención da pólvora 2008 o de novo sexteto presenta o disco por toda Galiza. O grupo grava tamén dous temas soltos: "Unha tarde no zoo" (para o concurso A polo Ghit da Radio Galega) e "Ningún lugar seguro (GalegoZ Remix)", este último canda algúns dos membros de GalegoZ.
A finais de 2008 editouse o EP Galicia es una fiesta, onde Marcos Payno remesturou cinco temas do disco Galicia es una mierda.
En 2009 entra no grupo Lois, que incorpora os teclados na formación. Amais, Roi cambia o caixón flamenco pola batería electrónica. O resultado, un son máis sofisticado que se fai patente no LP A grande evasión, publicado en maio dese mesmo ano.
ESTILO
O estilo de Ataque Escampe, autodenominado "rock de serie b" pola precariedade de medios na que comezaron e tamén por certo antivirtuosismo, ten coma alicerce o rock acústico e o folk-rock estadounidense, sendo Neil Young, Violent Femmes ou Micah P. Hinson algunhas das súas referencias, xunto a grupos de pop-rock estatal coma Los Enemigos ou Antonia Font e a formacións galegas coma Os Resentidos ou a Psicofónica de Conxo. Porén, o grupo realiza tamén incursións noutros estilos coma o punk ("I will turn"), o vals ("Tres cantos a Lenin") ou o tango ("Tango do sintasol").
As letras do grupo caracterízanse pola súa estreita relación coa literatura ("Afganistán canto"). Nelas tamén están presentes o pouso xeracional ("Galicia es una mierda") e a vontade de experimentación lírica ("Ourizo").
Noites de agosto
Ataque Escampe Lyrics
Jump to: Overall Meaning ↴ Line by Line Meaning ↴
Só esta tristeza azul como os sugus de ananás.
Antes faciamos cancións e agora facemos espaguetis con atún.
Se hai que ir embora molaría que non fósemos ningún.
Noites de agosto, a lúa brilla ingrata no ceo.
Noites de agosto, parece que non fósemos tan feos.
Noites de agosto, e bailar algunha vez un tema lento.
Noites de agosto, e podernos agarrar por un momento.
Baila esta cumbia aínda que logo che estoupe o corazón.
Noites de agosto, a lúa brilla ingrata no ceo.
Noites de agosto, parece que non fósemos tan feos.
Noites de agosto, e a ver o que facemos en setembro.
Noites de agosto, non haberá inverno.
In the first verse of Ataque Escampe's song "Noites de agosto," the singer describes feeling a sense of fear and uncertainty in the world, but notes that there are no gas chambers in Galicia. This contrast highlights the idea that while there may be hardships and challenges, the people of Galicia still have a sense of resilience and hope. The sadness and melancholy of the current moment is compared to the blue color of pineapple candies, suggesting that it is a feeling that lingers and is hard to shake off. Additionally, the shift from making music to simply making spaghetti with tuna reflects a loss of creativity and inspiration in the face of difficult times. The final line of the verse, "Se hai que ir embora molaría que non fósemos ningún," translates to "If we have to go away, it would be cool if we didn't go alone," conveying a desire for community and connection in the face of hardship.
Line by Line Meaning
O mundo comeza a dar medo pero na Galiza non hai cámara de gas.
The world is becoming scary but in Galicia there are no gas chambers.
Só esta tristeza azul como os sugus de ananás.
Only this blue sadness like pineapple candy.
Antes faciamos cancións e agora facemos espaguetis con atún.
Before we made songs and now we make spaghetti with tuna.
Se hai que ir embora molaría que non fósemos ningún.
If we have to leave it would be cool if we didn't go alone.
Noites de agosto, a lúa brilla ingrata no ceo.
August nights, the moon shines ungrateful in the sky.
Noites de agosto, parece que non fósemos tan feos.
August nights, it seems like we weren't so ugly.
Noites de agosto, e bailar algunha vez un tema lento.
August nights, and dancing a slow song once in a while.
Noites de agosto, e podernos agarrar por un momento.
August nights, and being able to hold each other for a moment.
A nosa natureza é precaria como esas orquestras que tocan en camións.
Our nature is precarious like those orchestras that play in trucks.
Baila esta cumbia aínda que logo che estoupe o corazón.
Dance this cumbia even if later it breaks your heart.
Noites de agosto, a lúa brilla ingrata no ceo.
August nights, the moon shines ungrateful in the sky.
Noites de agosto, parece que non fósemos tan feos.
August nights, it seems like we weren't so ugly.
Noites de agosto, e a ver o que facemos en setembro.
August nights, let's see what we do in September.
Noites de agosto, non haberá inverno.
August nights, there will be no winter.
Contributed by Mila I. Suggest a correction in the comments below.
@marisolpalomo6016
👋👋👋👋 NOITES DE AGOSTO... aleghriaaaa
@shownoweakness
la cumbia gallega, mas por favor!!
@danicanovas272
Maravilla!
@mariafraguelafernandez7432
aiii, noites de agosto....temazo!!
@bacallaudosmontes4704
Cuuumbiaa!
@gustaveson4245
que guapada!
@SiraIglesias-ud5vt
👍👍